A pola 3ª República. A polo proceso constituínte.
02 Xuño 2014

O Réxime está esgotado. O marco político e económico acordado pola burguesía en 1978 quebrántase. Hai unha semana, os dous partidos que se suceden en quenda no poder, non acadaban nin un 50% dos votos nas eleccións europeas. E agora, á desesperada, o rei abdica e os voceiros do poder intentan convencernos de que ten que haber unha sucesión sen sobresaltos.
Pero como non vai haber mobilización popular, se a monarquía foi a clave de bóveda dun réxime corrupto, inmobilista e que excluíu a clase traballadora do proxecto de Estado? Condenáronnos ao paro, ao exilio económico, á precariedade e á pobreza, mentres protexían os seus beneficios obtidos do noso traballo. Quitáronnos demasiado, agora querémolo todo.
Ler máis...