Noticias

Ate sempre, camarada Mato

Imprimir
PDF

Fai poucos días na Xuventude Comunista de Pontevedra eramos coñecedores dunha tráxica noticia. O noso histórico camarada, José Mato falecía nun accidente de coche a poucas semanas de cumprir os 86 anos de idade.

Ler máis...

Cando nos queiman o monte polo interese económico

Imprimir
PDF

Os incendios forestais que devastaron os montes galegos durante este verán non son outra cousa que unha mostra máis da vontade dos grandes poderes económicos capitalistas por desmantelar o medio rural coa axuda dunha Administración Pública dobregada aos seus intereses. As causas dos lumes que arrasaron miles de hectáreas en lugares como Cualedro, A Fonsagrada, Negreira, Carnota, Muxía, Laxe, Outes ou Gondomar son principalmente políticas e económicas. Abonda con fixarnos en que, por pór dous exemplos, Gondomar e A Fonsagrada son dous municipios nos que están proxectadas prospeccións ou explotacións megamineiras que condenarían á súa poboación a un panorama de expolio e depresión similar ao proxectado para Cabana de Bergantiños. A isto pódeselle xuntar os intereses das industrais de madeira triturada e pasta de celulosa, así como o de compañías enerxéticas que se valen do descenso do valor do produto ou do solo para facer negocio a costa da desgracia do rural.

Ler máis...

Ante o triunfo da burguesía fascista e pro-Europea de Ucrania, solidariedade cos comunistas ucranianos!

Imprimir
PDF

A estratexia de tensión levada a cabo polo sector da burguesía pro-europea ucraína, co apoio imprescindible de organizacións fascistas, deu o seu froito nas últimas horas en forma de golpe de estado tomando o control da capital do país, Kiev, así como as súas institucións, asumindo ademais o papel das forzas de seguridade do estado.

Ler máis...

Polo cumplimento dos contratos do sector lácteo e o cambio do modelo produtivo

Imprimir
PDF

Despois da folga indefinida convocada polos gandeiros e gandeiras do sector lácteo en Galiza en novembro de 2012, o Goberno e a patronal crearon os contratos lácteos, cos que pretenderon vendernos que ían estabilizar o mercado e pagar un prezo estable polo seu produto ao gandeiro.

Un ano despois da Folga indefinida, ningunha das conquistas que os gandeiros e gandeiras galegas conseguiron con eses dous días de Folga se levaron a cabo: o Goberno e a patronal non cumpliron todas as súas promesas.

Ler máis...