Noticias

Nin un ERE máis, Freiremar non pecha!

Imprimir
PDF

Dende que o pasado mes de outubro Freiremar anunciara a apertura dun Expediente de Regulación de Emprego, os e as traballadoras da empresa veñen loitando e mobilizándose contra a perda inxusta dos postos de traballo que mantiñan ata fai pouco.

Freiremar é a cuarta empresa pesqueira do Estado español, subvencionada con cartos públicos, e con importantes beneficios nos últimos anos. Agora, tras varios meses de perdas debidas á súa pésima xestión, a empresa decide levar a cabo o desmantelamento das súas plantas de elaboración, mediante un ERE que afecta a más de 300 traballadores en todo o Estado, e deixando na rúa a 101 persoas na cidade de Vigo.

Ler máis...

Nin un só despedimento no Grupo Tragsa

Imprimir
PDF

Dende a XC amosamos a nosa oposición aos expedientes de regulación de emprego presentados na empresa Tragsa e na súa filial Tragsatec que ameazan co despedimento de 1632 traballadores e traballadoras en todo o Estado, e o amortecemento de máis de 3600 postos eventuais.

Dende o pasado mes de xuño, Tragsa e Tragsatec anunciaron a aplicación dun expediente de regulación de emprego sobre o seu persoal nas dúas empresas, que teñen por cliente principal os ministerios estatais. Como argumento para a súa aplicación esgrimiuse a existencia dun déficit de 5,5 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, e unha redución no número de contratos; pese a que as previsións dixesen o contrario.

Ler máis...

Solidariedade e loita polo ataque fascista a Gustavo García

Imprimir
PDF

Ante o ataque fascista perpetrado contra o despacho do avogado vigués Gustavo García, dende o Partido Comunista de Galicia e a Xuventude Comunista queremos amosar toda a nosa solidariedade co afectado.

Ler máis...

As traballadoras de FSS loitan contra os despidos

Imprimir
PDF

Non ao ERE en FSS

Fomento Servicios Sociosanitarios (FSS), empresa concesionaria do Concello de Ourense para o servizo de Axuda ao Domicilio (asistencia a persoas en situación de dependencia no seu domicilio realizando tarefas de limpeza, aseo persoal, cociña...); anuncia a intención de realizar un ERE que afectaría a máis 40 traballadoras, das 75 que forman o cadro de persoal actual da empresa, xustificándose na baixada de facturación de 400.000€ dun servizo que o Concello tiña orzamentado para 2013 en 3 millóns de euros (dos que FSS facturou finalmente 2.600.000).

Ler máis...