Ante o suicidio do compañeiro desafiuzado o pasado ano en Aríns

Imprimir
PDF

A guerra económica que o capitalismo senil desenvolve contra a clase traballadora e as capas populares cóbrase tristemente unha nova víctima. Desta volta trátase do compañeiro Carlos, quen fora inxustamente desafiuzado o pasado ano da súa vivenda de Aríns. Unha vez máis o Réxime e o sistema capitalista que o sustenta demostran non só a súa profunda contradición cos intereses da clase traballadora senón incluso coa vida e a dignidade humanas.

Dende a Xuventude Comunista, ademais de expresar a nosa máxima solidariedade coas compañeiras da Plataforma Stop Desafiuzamentos Compostela e coa familia e o entorno de Carlos, queremos denunciar a barbarie á que nos arrastra o capitalismo español. Casos como o que vimos de coñecer constiúen a expresión máis dramática dos resultados da política de dereita implementada polos gobernos de PSOE e PP. Lonxe de asegurar o dereito á vivenda, os partidos do Réxime abriron e abren constantemente oportunidades de negocio a grandes constructoras e bancos neste eido. Para eles, os millonarios beneficios de ACS ou o Banco Santander van por diante da vida das persoas.

É por iso que queremos facer un chamamento á mocidade traballadora e ó pobo en xeral para que, coa lembranza de Carlos e a de tantos outros mortos e mortas na memoria, continuemos con firmeza a loita polo dereito a unha vivenda digna. Cremos preciso sinalar tamén, a necesidade de non desligarmos esta xusta loita da batalla xeral pola construcción dun novo marco político. Só un novo sistema, republicano, democrático, popular na que a economía sexa democrática e planificada, para estar ao servizo do pobo, coa vista posta na construcción do Socialismo, será capaz de aplicar unha política de vivenda que asegure realmente un dereito tan fundamental.