3 mortes máis por violencia machista

Imprimir
PDF

A violencia machista levouse por diante outras tres mulleres; mulleres que morreron nas mans dos homes que dixeron querelas.

As cifras, mes a mes, ano a ano, son cada vez máis vergoñentas e dende as institucións seguen sen poñer os medios suficientes para deter os asasinatos que sufrimos as mulleres polo simple feito de selo. Detrás destas cifras, hai vidas atormentadas que non podemos permitir que queden esquecidas.

O goberno, tanto galego como español, axuda á perpetuación deste problema recortando nos orzamentos ás partidas de axuda á loita contra a violencia machista. Só dende o 2010 recortaron máis dun 26% neste eido, o que reflicte que para eles este é un problema secundiario que só debe ser abordado nos momentos de bonanza económica.

En declaracións de onte do Ministro de Sanidade Alfonso Alonso, manifestaba que estas últimas vítimas "refuerzan el compromiso del Gobierno en la lucha contra la violencia de género". Demostrando, unha vez máis, unha falta total de sensibilidade xa que teñen que agardar que morran mulleres a mans das súas parellas para que tomen conciencia dun problema que ten as súas raíces históricas nun sistema patriarcal que considera ás mulleres como meros obxectos destiñados á satisfacción persoal do home e do sistema capitalista.

Dende a Xuventude Comunista vos animamos a facer unha profunda reflexión sobre a sociedade que estamos a formar, unha sociedade que normaliza a violencia machista, que é cómplice e que culpabiliza ás vitimas. Temos que loitar, loitar en tódolos eidos contra os asasinatos e contra tódolos tipos de violencia que sufrimos, denunciando tamén a dobre e a triple explotación que padecemos as mulleres, por ser mulleres e obreiras.

Como dicía Eduardo Galeano "El miedo de la mujer a la violencia del hombre es el espejo del miedo del hombre a la mujer sin miedo ".