02 Novembro 2010
Con motivo da inminente visita a Santiago do papa Bieito XVI, dende a Xuventude Comunista lanzamos unha forte campaña en contra do que consideramos un atropelo manifesto aos dereitos da cidadanía galega por parte do episcopado católico, amparado por unha hexemonía outorgada dende as institucións políticas que se traduce nunha represión silenciada a dereitos fundamentais como o da libre circulación ou a liberdade de expresión e prensa a todas aquelas expresións de oposición á visita papal.
A Xuventude Comunista consideramos igualmente indignante o saqueo das arcas públicas (máis de 3 millóns de euros) para custear a promoción dunha institución criminal como é a Igrexa Católica, nunha nova mostra de que a suposta aconfesionalidade do Estado queda en auga de fregar ante a dogmática reaccionaria católica.
Por todo isto, dende a Xuventude Comunista viremos desenvolvendo diversos actos por todo o país ao longo desta semana (mesas de apostasía, proxección de documentais, etc.) e colaborando nas asembleas locais en contra da visita de Ratzinger (EU NOM TE ESPERO!) para lograr unha resposta popular e unitaria á que vos convidamos a unirvos a todos.
(Preme nas imaxes para velas a tamaño completo)












