Mobilización sindical este xoves polo traballo decente

Imprimir
PDF

CCOO e UGT convocaron unha manifestación para este xoves 6 de outubro en Vigo, que partirá ás 19:30 do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente (XMTD) que convoca en todo o mundo a Confederación Sindical Internacional (CSI) para chamar a atención sobre as condicións de vida e traballo da maioría da poboación traballadora.

Como reclaman as centrais sindicais, o traballo decente definese na Organización Internacional do Traballo (OIT), como o que se realiza respetando os convenios proclamados fundamentais por esta organización en 1998, liberdade sindical, dereito de folga e negociación colectiva, prohibición do traballo infantil, do traballo forzoso, e prohibición de toda forma de discriminación laboral, ademáis que un traballo é o que se fai baixo contrato, cunha remuneración xusta e o dereito a unhas prestacións sociais básicas.

Para defender esto, a Xuventude Comunista acompañará aos sindicatos defendendo unha vez máis os dereitos da clase traballadora e reclamando unha nova Folga Xeral.

Debemos esixir que a Reforma Laboral, a Reforma da Negociación Colectiva, a modificación constitucional e tantas outras leis e decretos perxudiciais sexan derrogadas de xeito inmediato por atentar contra os dereitos máis básicos da totalidade da clase traballadora.

Pola mellora das nosas condicións laborais e de vida, a xuventude non podemos caer na lóxica da simple resistencia: temos que darlle a volta á tortilla e pasar á ofensiva. Xa é hora non só de que recuperemos dereitos que nos foron arrebatados, senón que é indispensable que deamos un paso á fronte para loitar por unhas condicións de vida mellores ás que temos.

A redución da xornada laboral e a prohibición dos despedimentos improcedentes son só uns exemplos do que podemos conseguir se loitamos unidos. Por iso a Xuventude Comunista dicimos que é tempo de loitar, é tempo de pensar, é tempo da revolución na rúa.

 

É PRECISO OUTRA FOLGA XERAL!

TODO O PODER PARA A CLASE OBREIRA!