1º de Maio. A xuventude en loita contra o paro e a precariedade!

Neste Primeiro de Maio, despois de máis de catro anos desde que estalou a crise do sistema capitalista, a mocidade traballadora debemos traer unha vez máis á memoria a loita de todos aquelas/es que non se resignaron, que plantaron cara á pauperización das súas condicións laborais, sendo o labor de continuar a súa loita unha obrigación para todas/os nós.gue enchéndose os petos, co apoio dun Estado e un Goberno fieis aos seus intereses, á mocidade afúndennos no pozo da precariedade, do paro e da emigración.

Ler máis...

28 de Abril. Contra o terrorismo patronal, a xuventude en loita!

Neste 28 de Abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, tenemos que ter na memoria as máis de 700 persoas mortas en accidentes laborais en 2011, integrantes da nosa clase que sufriron terrorismo patronal a máns dos seus empregadores e coa complicidade dun Estado que se desentende desta problemática. A cifra de persoas feridas e falecidas por accidente laboral ao longo da crise rediciuse debido á destrución de postos de traballo e á picada da burbulla inmobiliaria pero con todo, a gravidade dos accidentes aumentou e paroporción de falecementos tamén creceu.

Ler máis...

Rompamos co capitalismo...Traiamos a Terceira!

Resulta evidente que o Estado Español serve aos intereses dunha minoría de especuladores e grandes fortunas. O goberno funciona de acordo á súa orientación, lexíslase e cámbianse as leis en base aos seus consellos, gástase e adminístrase conforme ordenan. A mesma estrutura pódese aplicar aos diferentes organismos internacionais: Banco Mundial, FMI, ou Unión Europea en realidade non son máis ca monicreques das grandes fortunas, empresas transnacionais e especuladores financeiros.

Ler máis...

19A Folga en Ensino Medio, nin un paso atrás en defensa da nosa língua!

Dende a Xuventude Comunista queremos amosar o noso apoio á Folga de ensino medio do vindeiro 19 de abril en contra das actuais políticas de ataque ao galego no ámbito do ensino que supoñen unha agresión sen precedentes aos dereitos lingüísticos que temos como pobo.

O decreto vixente non garante que o alumnado acade as competencias lingüísticas marcadas. Numerosos estudos oficiais demostran que os estudantes de Galiza están moi lonxe de conseguir unha boa fluídez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua no ensino non fará máis que agravar a situación e vulnerar o dereito a un ensino de calidade.

Ler máis...

A Folga Xeral foi un rotundo éxito!

A militancia da Xuventude Comunista participou o 29 de Marzo en gran cantidade de piquetes, accións e manifestacións ao redor de todo o Estado enmarcados na xornada de Folga Xeral, unha forte demostración de que vivimos tempos de acentuación da loita de clases

A Folga Xeral conseguiu paralizar os grandes sectores da economía, fixo caer o consumo eléctrico ata niveis dun domingo e demostrou con contundencia que a Reforma Laboral debe ser retirada inmediatamente e que a clase obreira deste país e a súa mocidade non estamos dispostos a admitir nin un só ataque máis cara aos nosos dereitos sociais e laborais. A mobilización logo da Folga seguirá de xeito sostido para expresar que esta crise debe ser pagada polos seus culpables, e que non imos permitir que se xogue co noso futuro.

Ler máis...