17 FMXE: Concerto "Rumbo a Sudáfrica!" en Ponteareas

Imprimir
PDF

17 FMXE: Concerto "Rumbo a Sudáfrica!" en Ponteareas

Dende o Comité Plurinacional Preparatorio do 17º Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes convidámosvos a todas e todos ao concerto do vindeiro domingo día 5 de decembro ás 19:30h no local "A Regueifa" (R/ Amado Garra 15) en Ponteareas, que contará cas actuacións dos grupos Kallaikoi e Skandalo GZ. O prezo das entradas é de 2€.

O 17 º Festival Mundial da Xuventude e os Estudantes (FMXE),  que se levará a cabo en Pretoria (Sudáfrica) o vindeiro mes de decembro, é un evento internacional organizado de forma conxunta pola Federación Mundial da Xuventude Democrática (FMXD)  e maila Unión Internacional de Estudantes desde 1947 e que ten a confrontación co imperialismo como elemento chave para a a súa realización, contando cunha importante contribución dos países progresistas e socialistas.