8 de abril: Manifestación Estudantes SEN futuro en Ourense

Imprimir
PDF

Nós, “estudantes sen futuro” dirixímonos á opinión pública para amosar o noso desacordo coa política de recortes sociais que está a utilizar o goberno e sobre todo para facer ver que nós, o estudantado, non estamos dispostos a pagar esta crise e que non nos quedaremos parados (...)

Manifestación Estudantes SEN futuro en Ourense

 

http://www.youtube.com/watch?v=NkH-h_MaHoI

 

O futuro que nos espera é deprimente, somos o país con máis paro xuvenil de Europa (40%) e ante esto o noso goberno executa medidas nas que nós, os xóvenes, somos os grandes damnificados. Entre estas medidas do noso goberno destacan:

  1. A reforma do laboral, que aumenta a temporalidade dos nosos contratos, a flexibilidade laboral e supón a desaparición da negociación colectiva, facéndonos precarios de por vida.
  2. A reforma das pensións, que retrasa a nosa idade de xubilización e reduce a cuantía das nosas futuras pensións, plantexándonos un horizonte sen futuro.
  3. A mercantilización da educación que aposta pola renta privada e non polo coñecemento, facendo da universidade un elemento cada vez máis elitista e degradando a formación profesional.

Nós somos a xeración que máis sofre e sufrirá todas estás medidas, así pois, non te quedes parado, non deixes que xoguen co teu futuro. Non somos ningunha agrupación política nin seguimos unha ideoloxía determinada, este movemento é libre, aberto e nel ten lugar calquera estudante que quera loitar polos seus dereitos. Únete a nós nas mobilizacións, pelexa polos teus dereitos, defende a TODOS os estudantes e traballadores, pero sobre todo LOITA POLO TEU FUTURO! A solución non está na resignación, está na loita e agora tes ti a oportunidade!

 

«Quitástesnos demasiado, agora querémolo todo»

 

MANIFESTACIÓN EN OURENSE

VENRES, DÍA 8 DE ABRIL, ÁS 19:30 HORAS
SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO