[Vigo] En apoio á folga das e dos traballadores de Vitrasa

Imprimir
PDF

Este luns 26 os traballadores e traballadoras da empresa de autobuses urbanos de Vigo (Vitrasa) volverán á folga. É a segunda xornada en sete días e isto non vai quedar aquí, xa que o vindeiro día 29 teñen convocado un terceiro día de paro na súa ofensiva por defender os seus dereitos laborais e a calidade dos seus postos de traballo.

Entre algunhas das súas reclamación está poder ter dous días libres de descanso semanais, aumentando en 20 minutos diarios a xornada laboral, poder ter dúas semanas de vacacións o mais próximas ó verán, máis a dirección de Vitrasa non quere facer ningún tipo de concesión aos e ás traballadoras da empresa. Sinalamos así mesmo a responsabilidade política que ten que asumir o goberno municipal cas e cos empregados dun servizo público externalizado.

Desde a Xuventude Comunista na Galiza amosamos o noso total apoio aos e ás compañeiras de Vitrasa, e animámolas a chegar até as últimas consecuencias na defensa dos seus dereitos como traballadoras.

A loita é o único camiño!

Viva a loita da clase obreira!