25N: cargan contra os nosos dereitos. Unidas loitaremos até vencer

Imprimir
PDF

Iste 25 de novembro, o PCG e a XC denunciamos que a violencia de xénero non diminúe. Pola contra, está aumentando, especialmente nas persoas adolescentes. Esta lacra require medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e protección reais. É por isto que o imprescindible é a prevención dende a escola cun currículo que inclúan como unha das súas prioridades o ensino non sexista para formar persoas con valores de respeto e aceptación á diferenza, pola igualdade entre homes e mulleres.

Actualmente en moitos países as mulleres atópanse excluídas dos dereitos, que as visibilizan, as empobrecen e as sitúan en continuo risco.. No noso país, a deriva conservadora e patriarcal cos recortes só se recoñece violencia de xénero se a muller é ingresada nun hospital.

A lei de violencia de xénero xa insuficiente dende o seu orixe, hoxe co goberno do PP, pretende cambiar a fórmula para contabilizar ás vítimas, computando aquelas que foran hospitalizadas durante máis de 24 horas. É dicir, se despois de sufrir agresións físicas ou psicolóxicas da parella e non pasar máis de 24 horas ingresada, no mellor dos casos el só recibirá unha falta administrativa. Se a muller é controlada economicamente, se se lle dificúlta o acceso ó mercado laboral, non pode ver a súa familia, e se se ve obrigada a depender da súa parella; se non pasou24 horas ingresada, só lle quedará calar e aguantar. Aínda hai outra forma de aparecer nas estatísticas mensuais como vítimas de violencia de xénero, se foi ASASINADA POR PARTA DA SÚA PARELLA OU EX-PARELLA.

A pesar de que teoricamente esta lacra sexa rexeitada dende calquera ámbito político, durante esta última fase neoliberal a situación das mulleres empeorou, dando lugar a unha agudización: da feminización da pobreza, da división sexual do traballo, da precariedade laboral, entre moitísimas outras cuestións, eliminando aqueles dereitos que con tanto esforzo lográramos.

Pero, debemos denunciar as diferentes medidas do goberno contra os dereitos das mulleres, que se dan en varios planos (físico, psicolóxico e sexual):

  • A reforma laboral (as mulleres son despedidas ó pedir a baixa de maternidade, facer de coidadoras, etc) que empuxa ás mulleres ó ámbito da reprodución e por outro lado, a formar parte dun mercado laboral sexista que deixa ás mulleres con salarios máis baixos e traballos descalificados socialmente. De maneira que as mulleres teñen que asumir un dobre rol: amas de casa e traballadoras, tendo menos tempo para elas mesmas.
  • O retroceso da lei do IVE (en dereitos sexuais e reprodutivos) volvendo a tempos pasados, que dispoñen a integridade do feto sobre os dereitos das mulleres, que exclúe ás mulleres migrantes da sanidade pública, que pisotea a liberdade de expresión das mulleres e o dereito a decidir sobre o seu corpo, non é máis que un estado que reproduce e reafirma a violencia de xénero.
  • A imposición da corresponsabilidade irreal nas obrigacións familiares.
  • Recortes en recursos de protección social e en programas de igualdade.
  • Co aumento do paro entre a xuventude do estado español, viuse incrementado o exercicio da prostitución, xa non só entre a mocidade, se non tamén entre amas de casa cuxos maridos encóntranse en situación de desemprego de larga duración. Segundo os datos da asociación de Médicos do Mundo, en 2012 máis de 2.000 persoas máis empezaron a prostituírse en España. Un 18% de estes teñen unha idade de entre 18 e 24 anos. ¿Non é o aumento da prostitución outra forma máis de violencia de xénero?
Iste 25 de novembro debémolo ter claro. Debemos saír á rúa e gritar BASTA!