Noticias

Xuventude Comunista en O Grove reclama unha oferta educativa axeitada ó mercado laboral.

Imprimir
PDF

Os ciclos de formación profesional teñen como obxectivo a aprendizaxe dunha profesión. Acadar a utilización dos instrumentos e as técnicas dunha actividade profesional determinada de acordo coas tecnoloxías e as necesidades dunha empresa, ademais de integrar todas aquelas actitudes que permiten ao alumnado adaptarse ás situacións laborais presentes e futuras. A pesares disto, desde a Xuventude Comunista consideramos que o actual sistema educativo carece dunha vertente crítica e humanística que forme aos futuros traballadores non só como elementos da engranaxe produtiva, senón tamén como persoas que saiban cuestionar a realidade na que vive.

Ler máis...

A XC e ADENCO celebran a Semana Europea da Mobilidade organizando a 1ª Masa Crítica en Ponteareas.

Imprimir
PDF

Lamentan os colectivos a falla de iniciativa do Concello de Ponteareas
A Xuventude Comunista de Ponteareas e ADENCO celebran a Semana Europea da Mobilidade organizando a 1ª Masa Crítica de Ponteareas

Entre o 17 e o 21 de Setembro, celébrase en toda Europa a Semana Europea da Mobilidade con diferentes iniciativas, todas baixo o lema de “Rúas para a xente”. O Grupo Ecoloxista Adenco e a Xuventude Comunista de Ponteareas decidiron organizar a 1ª Masa Crítica de Ponteareas encadrándoa nesta semana para o próximo venres 21 de Setembro, ás 20h na Praza da Igrexa de Ponteareas.

Ler máis...

A Xuventude Comunista de Ponteareas participa no festival da Poesía de Salvaterra de Miño,

Imprimir
PDF

ata ali desprazaronse membros do Comité local.

No seu stand podense atopar libros, pins, camisetas, láminas, suscripcións a "Mundo Obreiro", así como información de balde.

X.C.G é a primeira organización do P.C.G. e veñen a reforzar o traballo dos compañeiros/as de IU-EU.

Ler máis...

Novas Movilizacións dos Traballadores de Atento.

Imprimir
PDF

            No pasado mes de Marzo tivo lugar o despido de 179 traballadores da empresa Atento na ciudade de A Coruña. Ante estos despidos claramente ilegáis e a ameaza velada de deslocalización que pesaba sobre a empresa os compañeiros dos despedidos protagonizaron unha serie de movilizacións de protesta solicitando a readmisión dos 179 traballadores. A única resposta que recibiron foi a da “man dura”, sendo reprimidas diversas concentracións por orde da por aquel entón subdelegada do goberno na ciudade, Obdulia Taboadela (actualmente concelleira polo PSdG-PSOE no Concello de A Coruña), o que non puido impedir que esta serie de movilizacións acabara cunha gran manifestación de máis de catro mil persoas onde ós traballadores da empresa sumáronse os funcionarios moitos máis cidadáns que demostraron así o seu apoio ós despedidos.

 

   

Ler máis...